martes, 17 de mayo de 2011

Non perder o alento


O corredor de fondo perde o alento


Fuxindo dunha vida inzada de renuncias

da súa liturxia obesa e oleosa,

mediocre nos seus comunais fracasos,

bágoas de xelo, indignación contida


non deu chegado a tempo de exercer

a súa rebelión,

nin de levar a cabo

a súa vinganza definitiva

contra un mundo inxusto, homicida, e cruel,

pola inutilidade da súa propia vida

solitario, enfermo e fatigado,

a morte anticipouse e chegou antes.


outono 95




poesíA últiMa de Amor E enferMidaDe 1992-1995 de Lois Pereiro

No hay comentarios: