sábado, 16 de noviembre de 2019

En contra

Hoxe fai dez anos que abrín este blog, Libretadepoemas. Durante un tempo chamado estoyanoessolounalibretadepoemas. Agora La realidad es el agujero. É a resposta en forma de poema que lle din a unha amiga cando me dixo que tanto ler era meter a cabeza nun burato. A primeira entrada ten por título Lo que no me pasa. O título do meu primeiro poemario. Antes tiven un fotolog que se chamaba Ningures. E antes tiven moitas libretas de poemas, case todas de espiral e follas brancas. Non tiñan título. Púxenme a buscar algo para celebrar o aniversario conmigo mesma e colgalo no instagram no que escribo agora e que se chama gatacongafas e que me representa menos porque non son moi de gatos. Fun só dun gato que foi gata durante un tempo, que me deu agarimos e calor e despois marchou. A verdade, creo que lle puxen este nome por un rapaz que me dixo hai moito que eu parecía unha gata, sempre disposta a saltar. Pode que o fora. Pode que agora salte menos. Pode que salte mellor. Parece que escribo moito para contestar a outros. Para ir en contra.
Léndome é gracioso ver cómo deixei de rimar case de súpeto, xa ao final da miña primera libreta de poemas, e cómo me decatei, penso que moi tempranamente, aos 14 anos, de que o que máis me gustaba na vida era facer isto. Cando escribín o poema da foto tiña 20 anos, estudiaba filosofía (incluída a lóxica) e todo o tempo tiña ganas de algo.

Vintedous anos despois fago moitas outras cousas. Coido dun neno, páganme por falar de razóns e lóxicas, sobrevivo baixo a choiva agora que volvín a casa. E non imaxino a vida sen poesía e sen libretas de poemas.

No hay comentarios: