miércoles, 2 de diciembre de 2009

Poema favorito 2

Miña nai traballa nunha fábrica de conservas.
Un día miña nai díxome:
o amor é unha sardiña en lata. ¿Ti sabes
cómo se preparan as conservas
en lata?
Un día miña nai díxome: o amor é unha obra de arte
en lata.
Filla,
¿sabes de onde vés? Vés
dun viveiro de mexillóns
en lata. Detrás da fábrica, onde podrecen
as cunchas
e as caixas de peixe. Un fedor imposible, un azul
que non vale. De alí vés.

Ah! Dixen eu, entón son a filla do mar.

Non.
Eres a filla dun día de descanso.

Ah! Dixen eu,
son a filla da hora do bocadillo.

Sí, detrás, entre as cousas que non valen.



Luisa Castro, Baleas e baleas


en castellano

No hay comentarios: